Friday 10 de May de 2024

Case 140 ciclos e másteres de FP desenvolverán parte do seu currículo nunha lingua estranxeira no curso 2023/24


— A Xunta autoriza a incorporación de 67 ciclos e 6 másteres ao programa de plurilingüismo a partir de setembro, sumándose aos 66 que comezaron o ano pasado

— A formación desenvolverase en inglés, francés, alemán, italiano ou portugués

— A maiores, por primeira vez no curso 2023/24 todos os ciclos de grao medio e superior na modalidade dual incorporan módulos de Lingua estranxeira profesional

Un total de 139 ciclos e másteres de Formación Profesional desenvolverán parte do seu currículo nunha lingua estranxeira no curso 2023/24. A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución definitiva pola que se autoriza un total de 67 ciclos formativos e 6 cursos de especialización plurilingües que comezan a partir de setembro en 26 centros educativos galegos.

En 66 deles a formación realizarase a través de módulos en inglés, algúns deles combinados con outros idiomas como o francés, o italiano ou o alemán; e nos sete restantes desenvolverase en portugués. Estas novas ensinanzas súmanse aos 66 ciclos iniciados no pasado curso 2022/23, que no vindeiro ano académico impartirán módulos de segundo curso en diferentes idiomas.

Deste xeito, este ano haberá en Galicia un total de 26 centros con esta oferta a razón de 12 na provincia da Coruña, 3 en Lugo, 4 en Ourense, e 7 en Pontevedra. Aos que impartían ciclos plurilingües o curso pasado incorpóranse o instituto IES A Pinguela de Monforte de Lemos e o centro CPR Afundación A Coruña. Estas ensinanzas correspóndense con 73 titulacións diferentes de FP que impartirán parte do seu currículo nunha lingua estranxeira neste curso 2023/24.
Cómpre lembrar que, a maiores e como novidade no curso 2023/24, todos os ciclos de grao medio e de grao superior na modalidade de FP dual (un total de 176) contarán con módulos de Lingua estranxeira profesional.

Mellora das competencias lingüísticas
Os ciclos formativos e másteres de FP plurilingües teñen como finalidade a mellora das competencias lingüísticas do alumnado de FP co obxectivo de mellorar a súa inserción laboral e a competitividade dos sectores produtivos. Neste sentido, o desenvolvemento de habilidades de comunicación oral e escrita en linguas estranxeiras facilitará o desempeño laboral dos titulados no espazo europeo, na liña de internacionalización da FP que está a impulsar a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades a través de iniciativas como o programa Erasmus+.

Os novos proxectos formativos plurilingües autorizados para o curso 2023/24 son os reflectidos na seguinte táboa:

Provincia Concello Centro Ciclo / Máster de FP Idioma incorporado
A Coruña A Coruña CIFP Ánxel Casal – Monte Alto Audioloxía protésica Inglés
A Coruña A Coruña CIFP Someso Programación da produción en fabricación mecánica Inglés
Automoción Inglés
Estilismo e dirección de peiteado Inglés
A Coruña A Coruña CPR Afundación A Coruña Asistencia á dirección Inglés
A Coruña Coristanco EFAG Fonteboa Guía no medio natural e de tempo libre Inglés
Gandaría e asistencia en sanidade animal Inglés
Transporte e loxística Inglés
A Coruña Culleredo CIFP Universidade Laboral Robótica colaborativa (máster) Inglés
Modelaxe da información da construción (máster) Inglés
Fabricación intelixente (máster) Inglés
Guía no medio natural e de tempo libre Inglés
Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica Inglés
Automatización e robótica industrial Alemán (1º)
Inglés (2º)
Prevención de riscos profesionais Portugués
Acondicionamento físico Inglés
Mecatrónica industrial Inglés
A Coruña Ferrol CIFP Leixa Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia Inglés
Animación sociocultural e turística Inglés
A Coruña Santiago de Compostela IES Plurilingüe Rosalía de Castro Guía, información e asistencia turísticas Inglés (1º)
Francés (2º)
A Coruña Santiago de Compostela CIFP Politécnico de Santiago Laboratorio de análise e de control de calidade Inglés
A Coruña Santiago de Compostela CIFP Compostela Dirección de servizos de restauración Inglés
Preimpresión dixital Inglés
Xestión de aloxamentos turísticos Inglés
A Coruña Santiago de Compostela IES San Clemente Sistemas microinformáticos e redes Portugués
Administración de sistemas informáticos en rede Portugués
Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma Inglés
Desenvolvemento de aplicacións web Inglés
A Coruña Santiago de Compostela IES A Pontepedriña Comercio internacional Inglés
A Coruña Pontedeume CIFP Fraga do Eume Dirección de servizos de restauración Portugués
Lugo Lugo CIFP Politécnico de Lugo Ensinanza e animación sociodeportiva Inglés
Lugo Lugo CIFP As Mercedes Mantemento aeromecánico de avións con motor de turbina Inglés
Automoción Inglés
Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica Inglés
Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos Inglés
Xestión de vendas e espazos comerciais Inglés
Márketing e publicidade Inglés
Lugo Monforte de Lemos IES A Pinguela Desenvolvemento de aplicacións web Inglés
Ourense Ourense CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel Química e saúde ambiental Inglés
Laboratorio de análise e de control de calidade Inglés
Laboratorio clínico e biomédico Inglés
Hixiene bucodental Inglés
Desenvolvemento de aplicacións web Inglés
Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma Inglés
Administración de sistemas informáticos en rede Portugués
Cultivos celulares (máster) Inglés
Intelixencia artificial e big data (máster) Inglés
Ourense Ourense CIFP A Farixa Guía, información e asistencia turísticas Inglés
Produción de audiovisuais e espectáculos Italiano (1º)
Inglés (2º)
Ourense Ourense CIFP Portovello Asistencia á dirección Inglés
Xestión de vendas e espazos comerciais Inglés
Animación sociocultural e turística Inglés
Atención a persoas en situación de dependencia Portugués
Ourense Vilamarín IES de Vilamarín Dirección de cociña Inglés
Dirección de servizos de restauración Inglés
Pontevedra A Estrada IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez Administración e finanzas Inglés
Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma Inglés
Pontevedra O Porriño IES Ribeira do Louro Administración e finanzas Inglés
Comercio internacional Inglés
Pontevedra Pontevedra CIFP Carlos Oroza Cociña e restauración Inglés
Cociña e gastronomía Inglés
Servizos en restauración Inglés
Xestión de aloxamentos turísticos Inglés
Guía, información e asistencia turísticas Inglés
Panadaría, repostaría e confeitaría Inglés
Pontevedra Vigo CPR Plurilingüe San Miguel 2 Informática e comunicacións Inglés
Informática de oficina Inglés
Pontevedra Vigo CIFP Manuel Antonio Química industrial Inglés
Anatomía patolóxica e citodiagnóstico Inglés
Patronaxe e moda Inglés
Pontevedra Vigo CIFP Valentín Paz Andrade Deseño e amoblamento Portugués
Fabricación aditiva (máster) Inglés
Pontevedra Vilagarcía de Arousa CIFP Fontecarmoa Comercio internacional Inglés